Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O mestrado ofrece un total de 24 prazas, repartidas entre as tres universidades participantes. No caso de que o número de alumnos interesados en cursar o mestrado sexa maior que o límite de prazas establecido, realizarase unha selección en función do seguinte baremo:

  • O expediente académico (ata o 60%).
  • O conxunto do currículo vítae (ata o 25%).
  • Estar en posesión de títulos das ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas que se relacionan a continuación por orde de prelación (ata o 15%):
    • Grao (ou Licenciatura) en Lingua e Literatura Españolas.
    • Grao (ou Licenciatura) en Lingua e Literatura Inglesas / Francesas / Alemás / Italianas / Portuguesas / en Linguas e Literaturas Modernas / en Lingua e Literatura Galegas/ en Filoloxía Clásica.
    • Grao (ou Licenciatura) en Lingüística Aplicada / en Lingüística / en Lingüística e Ciencias da Linguaxe.
    • Grao (ou Diplomatura) en Mestre de Educación Infantil / en Mestre de Educación Primaria / Grao (ou Licenciatura) en Pedagoxía.
    • Grao (ou Licenciatura) en Tradución e Interpretación.
    • Grao (ou Licenciatura) en Humanidades.
    • Máster Universitario en Lingua e Literatura Españolas.
    • Máster Universitario en Lingüística Aplicada.
    • Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas.
    • Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas Estranxeiras.
    • Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria / #Máster Universitario en Pedagoxía.
    • Outras titulacións de grao (ou licenciatura) das Ramas de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.

Para o alumnado que solicite a súa admisión e posúa un título diferente aos incluídos na listaxe anterior, a valoración farase en función da adecuación entre a súa formación previa e os coñecementos recomendados no perfil de ingreso.

No caso de estudantes con necesidades educativas específicas derivadas de discapacidade, a Comisión Académica do mestrado, en colaboración cos servizos de integración universitaria (USC; UDC; UVigo), implementará os mecanismos necesarios para facilitar a súa integración. De igual forma, valorarase a necesidade de posibles adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos. Os Servizos ofrecen apoio a estudantes con discapacidade, estudo de adaptacións curriculares, un programa de aloxamento para estudantes con discapacidade, un programa de eliminación de barreiras arquitectónicas e un Centro de Documentación para a vida independente.

 

Procedemento de Admisión

O procedemento de admisión e matrícula nas titulacións de mestrado na UVIGO, UDC e USC descríbese nas Normativas de Xestión Académica que se aproban anualmente. As competencias en materia de admisión son responsabilidade da Comisión Académica Interuniversitaria.