Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Esta titulación capacita e achega ao egresado coñecementos, habilidades e destrezas para ocupar postos de responsabilidade no ámbito do ensino do español como lingua estranxeira ou segunda lingua en empresas e entidades públicas ou privadas que desenvolvan a súa actividade neste campo.

Perfís académicos

  • Formadores de profesorado en programas ofertados por organismos oficiais e institucións da lingua.
  • Examinadores de probas de competencia e dominio do español (DELE, DELE para escolares, SIELE).

Perfís profesionais

  • Profesores de español LE/L2 en modalidade presencial, híbrida e virtual no ensino regrado (Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional).
  • Profesores de español LE/L2 en modalidade presencial, híbrida e virtual en organismos oficiais (centros do Instituto Cervantes no exterior).
  • Profesores de español LE/L2 en modalidade presencial, híbrida e virtual en centros de leguas no ensino superior ou en academias de idiomas.
  • Persoal de apoio en ONG e centros sociais en calidade de profesores de español de alumnado migrante e refuxiado.
  • Autores de materiais didácticos (deseño e edición) en editoriais especializadas en español/LE/L2.
  • Xestor en institucións e entidades públicas e privadas que se movan no ámbito do ensino de español LE/L2 (dirección, xefatura de estudos etc.).

Perfil investigador

  • Investigador en proxectos de investigación que atendan a distintos aspectos relacionados co ensino do español como lingua estranxeira ou segunda lingua (adquisición e ensino; deseño de corpus de aprendientes, paralelos, multilingües; español como lingua de especialidade, investigación en acción etc.).