Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Este mestrado ten como obxectivo fundamental formar profesionais no ensino do español como lingua estranxeira ou segunda lingua, capacitados tanto para a docencia como para a investigación.

A partir deste obxectivo xeral, articúlanse os seguintes obxectivos específicos, que son os que determinan, en liñas xerais, os resultados de aprendizaxe e de formación:

  • Proporcionar os coñecementos e as habilidades necesarias para o desempeño profesional eficiente, adaptable e de calidade no ámbito do ensino de español LE/L2.
  • Fomentar a investigación no campo do ensino de español LE/L2.
  • Proporcionar as ferramentas necesarias para organizar e xestionar os procesos de ensino e aprendizaxe do español LE/L2.
  • Proporcionar recursos para responder as perspectivas da industria do español como lingua estranxeira nas súas diferentes dimensións.
  • Fomentar actitudes positivas cara á diversidade lingüística e cultural.

Estes obxectivos se aúnan nesta proposta de mestrado, que conxuga o desenvolvemento profesional inherente ao dominio lingüístico coa aplicación das competencias e habilidades ou destrezas adquiridas nun mundo laboral diverso e variable.