Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A Comisión académica do mestrado será a encargada de coordinar as actividades de apoio e orientación aos estudantes.

As tres universidades contan con diferentes servizos de apoio ao estudantado. Os máis importantes recóllense nos PAT (Plan de acción titorial), que contemplan “tutorización académica individualizada” para os estudantes de mestrado, promoven a organización de sesións informativas sobre oferta académica e sobre TFM, entre outros aspectos. A implantación deste mestrado requirirá a adopción de medidas adicionais para proporcionar información en liña ao estudantado. Poden consultarse estes servizos nas seguintes ligazóns: USC | UDC | UVigo.

Outros servizos importantes, que dispoñen de atención telemática, son os destinados a asesorar aos estudantes sobre oferta de estudos, saídas laborais, réxime de acceso e permanencia na universidade, dereitos, bolsas axudas e premios, cuxas características poden consultarse en: USC: OIU | UDC: SAPE | UVIGO: SIE.

Nas tres universidades existen servizos de atención ao estudantado con necesidades específicas:
USC: SEPIU | UDC: Unidade de atención á diversidade | UVIGO: UNATEN.

As tres universidades dispoñen de áreas de apoio telemático ao alumnado: USC: área ATIC | UDC: AxudaTIC | UVIGO: Campus Remoto.