Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Segundo o RD 822/2021, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios oficiais terán acceso ao mestrado quenes reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de Máster.
  • Asímesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que esté en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de Máster.

O acceso ao título aterase ás disposicións do Ministerio, da Comunidade Autónoma de Galicia, e ao que se dispoña no desenvolvemento normativo das tres universidades.

Reservarase, polo menos, un 5% de prazas para estudantes que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, así como estudantes con necesidades de apoio educativo permanentes, tal como está establecido no apartado 6 do artigo 18 do RD 822/2011.

Requisitos específicos de admisión

Ao alumnado estranxeiro que non teña o español como lingua materna esixiráselle que acredite mediante certificado oficial (DELE ou SIELE Global) un nivel C1 de dominio lingüístico da lingua española: